Presentación do ‘Foro pola Economía Social Galega’ na comunidade universitaria | 9/Maio

//Presentación do ‘Foro pola Economía Social Galega’ na comunidade universitaria | 9/Maio

PRESENTACIÓN DO FORO DA ECONOMÍA SOCIAL GALEGA NA FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

9 DE MAIO DE 2018. 12 H. SALÓN DE GRAOS

Organiza: Cecoop – Centro de Estudios Cooperativos

O Foro da Economía Social Galega, presentouse o 13 de marzo de 2018 en Santiago de Compostela. Está constituída pola Unión de Cooperativas de Galicia (EspazoCoop), a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), a Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga). Estas entidades representan a 371 organizacións, cun volume de ingresos de 1.616,5 millóns de euros anuais e 9.276 empregos directos.

O Foro ten por obxetivos dar visibilidade á economía social ante a sociedade e os principais axentes económicos, representando os seus intereses ante as diferentes institucións políticas, económicas e sociais, e xerando as condicións adecuadas para o desenvolvemento das súas entidades a través da intercooperación e o acceso aos procesos de contratación públicos.

Programa do acto, mércores 9 de Maio:

– Benvida a cargo da Decana da Facultade de CC Económicas e empresarias da Universidade Santiago de Compostela: Mª Emilia Vázquez Rozas

Intervencións:

– Maite Cancelo Márquez. Directora do Centro de Estudios cooperativos (Cecoop). A implicación do CECOOP na divulgación das actividades da economía social, entre os estudantes e demais membros da USC

– Celso Gándara Carnero. Portavoz do Foro pola Economía Social Galega e presidente da Unión de Cooperativas Espazocoop, presentará o Foro pola Economía Social Galega.

– Covadonga Toca Carús. Secretaria Xeral de Emprego da Consellería de economía, Emprego e Industria.

– Representante do Reitorado, peche do acto.

Preme aquí para consultar o : Documento de presentación do acto do 09.05.18 – Cecoop

 

2018-05-08T12:22:59+00:008/05/2018|Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies