Arabías é unha cooperativa de traballo asociado, socia de EspazoCoop, especializada en investigación-acción socioeducativa e xénero. A equipa de traballo está formada por unha politóloga e unha educadora social, especialistas en políticas públicas de igualdade e formación en xénero.

Con motivo da convocatoria do Programa de axudas para implantar Plans de Igualdade nas empresas que pon en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ofrecen os seus servizos a outras cooperativas socias de Espazocoop por se fose do voso interese iniciar ou continuar unha liña de traballo nesta materia.
Requisitos das cooperativas solicitantes: mínimo de 10 traballadoras e traballadores.

O prazo de presentación da axuda remata o 14 de marzo de 2019

Enlace da convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190128/AnuncioG0424-281218-0005_gl.html

Para máis información:  arabias.coop@gmail.com

ARABÍAS | Investigación-acción Socioeducativa e Xénero