O programa de apoio a cooperativas ‘Creando Mellora’ comeza a andar.

O programa impulsado por EspazoCoop promoverá a mellora nas cooperativas beneficiarias.

 

A Unión marcouse como meta ofrecer servizos de apoio e consolidación cooperativaCo programa lanzado ‘Creando Mellora’ búscase mellorar o labor xerencial e as distintas áreas dunha empresa cooperativa.

As persoas que iniciaron as estadías contan con formación na área empresarial e prestarán apoio a 5 cooperativas socias de EspazoCoop do 1 de febreiro ao 31 de xullo de 2020. Estas son as cooperativas do programa ‘Creando Mellora’ recén iniciado:

  • ALMEIRO s. coop. galega
  • AVENTEIRA s. coop. galega
  • SIMBIOSIS s. coop. galega
  • D-RAIZ s. coop. galega
  • LABORATORIO ESCÉNICO s. coop. galega

A finalidade do programa é dobre, mellorar as condicións nas que as cooperativas abordan a función xerencial e impulsar procesos de mellora e crecemento, e tamén fomentar o emprego mellorando a capacitación de mozos-as mediante un proceso de iniciación profesional nas cooperativas a través de bolsas.

O programa ‘Creando Mellora’ trátase dun programa de bolsas que está enmarcado na programación 2020 da Rede Eusumo – Xunta de Galicia

Nova relacionada: Programa Creando Mellora | Dá nas teclas que importan: Análise, planificación e xestión participada

O pase de diapositivas require JavaScript.