A cooperativa O Canto da Balea (promoción da pesca sustentable) organiza actividades lúdicas de temática medioambiental para os días lectivos da semana santa de 2014. Coa realización destas actividades na semana santa preténdese, por un lado, proporcionar aos pais e nais unha alternativa para ter conta dos nenos/as mentres eles/as traballan e, por outra banda, ofrecer aos nenos e nenas actividades alternativas arredor do medio mariño coas que poidan aprender mentres se divirten.

 

Datas : Do 14 ao 16 de abril de 2014, luns 14 de abril : Imos a pescar!!, martes 15 de abril : Somos científicos!, e mércores 16 de abril : Que imos cociñar?

Lugar : Domus Atlántica Portocubelo – Lira

Destinatarias : Rapaces e rapazas de 4 a 14 anos

Inscricións : 658 278 249

Fai clic na imaxe para ver o programa :

OcantoDaBalea2