Abriuse o período de preinscrición para o Máster Oficial en Economía Social 2014-15 do Instituto Universitario de Economía Social, Cooperativismo y Emprendimiento (IUDESCOOP) da Universitat de València.

O Máster, de modalidade presencial e a celebrar en Valencia durante o período de outubro de 2014 a xuño de 2015, ten unha carga lectiva de 60 créditos (1.500 horas) e inclúe un perfil profesional con dúas especialidades (de Cooperativas e Sociedades Laborais e de Entidades Non Lucrativas) e un perfil investigador, que dá dereito á realización do Doutorado en Economía Social. Dirixe o Máster o catedrático Joan Ramon Sanchis Palacio.

Fai clic para ler máis

Fonte : Web do Observatorio Español de la Economía Social