Damos a benvida ás novas cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop: Miraxe, Fermento, e Mulleres Colleiteiras.

 

 

MIRAXE é un proxecto do ámbito das artes escénicas. Tódolos socios e socias son profesionais altamente cualificados que están en permanente renovación.

Son: Contan con recursos humanos para a montaxe, axuste, medición, predición sonora e realización de calquera tipo de evento, concerto ou festival.

Iluminación: O departamento de iluminación conta con deseñadores/as, operadores/as, técnicos/as de montaxe e departamento de fotografía e render.

Produción: Dende pequenos eventos a grandes concertos pasando por festivais e obras de teatro. Producións íntegras ou solucións técnicas.

Miraxe é unha cooperativa de traballo asociado con sede en Santiago de Compostela (A Coruña). Web

 

 

FERMENTO adícanse á producción audiovisual, cinematográfica, musical e discográfica. Tamén realizan produción de eventos, asistencia técnica en son e vídeo, sonorizacións, e fan formación e asesoramento no sector cultural,  entre outras actividades relacionadas con estes ámbitos.

Son unha cooperativa de traballo asociado con sede en Tui (Pontevedra). Web

 

 

 

MULLERES COLLEITEIRAS ten como principal obxectivo o traballo de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado, ofrecendo unha proposta eficaz ao problema dos verquidos de aceite nas cociñas e ao aproveitamento dun recurso.

Desta forma, a iniciativa céntrase no beneficio económico e social mediante a creación de postos de traballo, e ambiental aproveitando un recurso moi enerxético e evitando  o problema de verquidos, mediante un proceso local na totalidade do ciclo de xestión, dende a súa recollida ata a súa transformación e utilización en equipamentos locais.

Son cooperativa de traballo con sede en Oleiros (A Coruña). Web