Presentouse a nova web de Coop57 no marco da Asemblea anual da cooperativa e no 20 aniversario da fundación de Coop57.

Os pasados 19 e 20 de xuño, a actividade de Coop57 trasladouse a Euskal Herria, concretamente a Ondarroa, para realizar a Asemblea 2015 da cooperativa, e máis para a constitución da nova sección en Euskal Herria. Durante a fin de semana, persoas de tódalas seccións territoriais de Coop57 compartiron experiencias, coñecementos, e acompañaron o nacemento de koop57 Euskal Herria (a sección galega tamén participou cunha delegación).

Neste contexto presentouse a nova web de Coop57, como unha ferramenta de comunicación da entidade moi importante que garante a presenza na rede deste proxecto que presta servizos financeiros á economía social e solidaria, promove as finanzas éticas e a transformación social.

Fai clic: Web Coop57