Memoria social 2021

Espazocoop asocia a 235 empresas cooperativas e a 2.785 cooperativistas, que se sitúan dentro dunha cultura de traballo basada nos valores e principios cooperativos, nunha xestión democrática, e nas persoas. Conta ademais, con sectoriais e grupos de traballo, como a Sectorial de Cooperativas de Ensino, a Sectorial de Cooperativas do ámbito Cultural, de Asesorías-Consultorías ou a de Consumo.

EspazoCoop presta servizo en toda a comunidade galega, e ten abertas 3 oficinas en Galicia: na Coruña, Santiago e Vigo.

A Memoria da xestión social 2021 dá conta da actividade desenvolvida e da xestión económica, destacando áreas de traballo como:

 

1| A difusión e promoción do cooperativismo: con máis de 800 beneficiarias, 26 entidades colaboradoras e 39 actividades ou intervencións.

2| A creación e consolidación de cooperativas: con 95 proxectos pre-cooperativos atendidos, 26 cooperativas constituídas, 60 empregos cooperativos, e 130 beneficiarias no ámbito do emprendemento.

En canto á consolidación de cooperativas en funcionamento, con 195 beneficiarias, destacan por un lado, os programas de intercooperación entre organizacións que buscan colaborar, creando alianzas e xerando negocio; e por outro lado, o asesoramento, mentoring, acompañamento e a formación especializada para ás empresas cooperativas, a través de 5 programas da Unión que procuran o seu crecemento e desenvolvemento empresarial.

3| Representatividade e influencia política: as relacións institucionais, con axentes sociais, redes e colaboradoras, destacaron por traballar as demandas da base social e do sector cooperativo, e representar a socias e ao cooperativismo en xeral, a participación en xuntanzas con distintas consellerías, a sinatura de varios convenios de colaboración, a participación nas redes nas que participa entre elas o Foro pola Economía Social Galega, o Consello Galego de Cooperativas, Reas Galicia…, son algúns dos fitos en 2021.

4| Comunicación: segue implementando medidas dos plans establecidos, e con presenza continuada en distintas canles.

 

> Facendo clic no enlace podes descargar a  Memoria Social 2021 da Unión de Cooperativas EspazoCop.

> Tamén podes acceder ao Vídeo neste enlace