Juan A. Pedreño Presidente de COCETA e de CEPES, foi elixido en Luxemburgo, por unanimidade, presidente de Social Economy Europe (SEE), a organización europea que asocia ás entidades da Economía Social Europea.

A Social Economy Europe (SEE) naceu hai quince anos coa vocación de representar os intereses da Economía Social europea. Actualmente, SEE representa o 10% das empresas de Europa e a máis de 14 millóns de empregos europeos.

 

Durante o seu discurso, Pedreño agradeceu o traballo do equipo anterior e expresou o seu agradecemento a todo o sector da Economía Social europea.

“Ábrese un período ilusionante e con moitos retos por diante para situar a Economía Social europea no lugar que merece”, dixo Pedreño, segundo CEPES. Pedreño marcou como prioridades reforzar as relacións con todas as Institucións Europeas, e potenciar a visibilidade da economía social.

Ademais de Pedreño, tamén foron elixidas tres vicepresidencias: Alan Coheur, da Asociación Internacional de Mutualidade (AIM); Luis Martignetti, de Revès (Rede Europea de Cidades e Rexións pola Economía Social), e Emmanuel Verny, da Cámara Francesa da Economía Social e Solidaria.

Fonte : COCETA