Cóllete a mañá e vente ao encontro Mellorando a nosa comunicación comercial  que organiza Ugacota o luns 28 de outubro no  Centro Sociocultural O Ensanche , Rúa Frai Rosendo Salvado 14 – 16 de  Santiago de Compostela, en sesión matinal, de 9.30 a 14.00 h.

Dirixido preferentemente a cooperativas , aínda que se hai prazas disponibles despois de atender ao público prioritario, tamén aberto a outras entidades de economía social .

Compartiremos coñecementos, experiencia, estratexias, coñecerás outros proxectos cooperativos, novos enfoques, outros puntos de vista … Contaremos coa consultora Suma importancia, para impartir e dinamizar esta sesión, con Juan José Romero Crusat e con Roberto Pérez Marijuán. Experimentados en actuar no ámbito do marketing e as vendas .

Estableceuse cota de inscrición para participar no encontro, pódese consultar no programa.

Para consultar o programa prema aquí

Para inscribirse (antes do 24 de outubro ) prema aquí

Máis información:  986 13 65 92 – nuria@ugacota.coop

Os encontros xerenciais de cooperativas forman parte do “Programa de apoio á función xerencial en cooperativas”.