Cóllete a mañá e vente ao encontro Mellorando a nosa comunicación comercial que organiza Ugacota o luns 28 de outubro no Centro Sociocultural O Ensanche , Rúa Frai Rosendo Salvado 14 – 16 de Santiago de Compostela, en sesión matinal, de 9.30 a 14.00 h.
Dirixido preferentemente a cooperativas , aínda que se hai prazas disponibles despois de atender ao público prioritario, tamén aberto a outras entidades de economía social .
Compartiremos coñecementos, experiencia, estratexias, coñecerás outros proxectos cooperativos, novos enfoques, outros puntos de vista … Contaremos coa consultora Suma importancia, para impartir e dinamizar esta sesión, con Juan José Romero Crusat e con Roberto Pérez Marijuán. Experimentados en actuar no ámbito do marketing e as vendas .
Estableceuse cota de inscrición para participar no encontro, pódese consultar no programa.
Para consultar o programa prema aquí
Para inscribirse (antes do 24 de outubro ) prema aquí
Máis información: 986 13 65 92 – nuria@ugacota.coop
Os encontros xerenciais de cooperativas forman parte do “Programa de apoio á función xerencial en cooperativas”.