Lánzase un novo Grao Oficial Universitario en Emprendemento en Madrid. O Grao LEINN  “Liderazgo Emprendedor e Innovación” que se desenvolve no Centro de Innovación Social do HUB Madrid .  Para despertar o liderazgo emprendedor entre a xuventude,  a través da Economía Social e o Cooperativismo .

LEINN é un Grao Internacional oficial de 4 anos da Universidade de Mondragón . É o primeiro grao oficial europeo en emprendemento, está dirixido á xuventude de 17 a 25 anos.

Implementan metodoloxías de estudo finlandesas Team Academy basadas no “aprender a emprender en equipo” e no “aprender facendo”. É un grao bilingüe e internacional, onde o alumnado emprendedor monta a súa empresa dende o primeiro mes coas súas compañeiras e compañeiros, convertíndose así en socios/as. A súa propia empresa lles costea as viaxes a Finlandia, San Francisco, China e India, e durante 4 anos a empresa e o equipo son as ferramentas de aprendizaxe neste método por competencias.

A Universidade de Mondragón xa o puso en marcha no 2009, e os resultados das primeiras promocións foron moi importantes, lexislaron no País Vasco un marco legal para as Cooperativas de Traballo de Estudantes “Junior Cooperativas” permitindo o recoñecemento das empresas xeradas polo grao LEINN durante os seus estudos e, que ao concluílos, pasan a ser Cooperativas de Traballo ao uso.

En Madrid coménzase a segunda promoción.

Máis información e contacto :

Web : http://teamlabs.es

e-mail: info@teamlabs.es