Os vindeiros días 10, 11 e 12 de xullo, poderase gozar dunha nova edición do programa GACstroderías na vila mariñeira de Poio (Pontevedra).

Este programa é unha iniciativa do Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra (GAC 6) e ten como obxectivo por en valor a tradición, gastronomía e cultura mariñeira.

No cartel que se xunta pódese consultar o programa de actividades, que inclúe visita á praia para ver como traballan as mariscadoras, showcooking con degustación dos produtos da Ría e visita ao casco histórico da Vila de Combarro.

Para mais información e inscricións, chamar ao 886 21 30 15

CARTEL GACSTRODERIAS_WEB

Nesta edición, a cooperativa Ardora colabora na execución deste programa.