EspazoCoop participou no evento de difusión das oportunidades de negocio identificadas en ES Factory

 

A presidenta e a directora de EspazoCoop, Ana Olveira e Lucía Mendoza, participaron na xornada de difusión e comunicación das oportunidades de negocio identificadas no marco do proxecto ES Factory o 9 de decembro de 2024 no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, no Concello de Mos.

Alí Lucía Mendoza tivo a ocasión de presentar as oportunidades detectadas dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop na economía prateada dentro do proxecto ES Factory, e pola súa banda Ana Olveira participou nunha Mesa Redonda cos socios do proxecto liderado pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, que traballa en rede con entidades socias de Galicia e Norte de Portugal para impulsar a Economía Social nas economías azul, prateada, laranxa, amarela e verde.

 

O proxecto Es-Factory Rede de aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar as empresas de novas economías emerxentes, foi aprobado no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 que promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea. Está liderado pola Xunta de Galicia e composto por un consorcio de organizacións, no que están integrados, ademais da Xunta, Agaca, EspazoCoop, Aesgal, USC, Utad, TecMinho, e In Cubo e as súas actuacións desenvolveranse ata setembro de 2026.

Esta iniciativa promove a cooperación transfronteiriza entre entidades de Galicia e o norte de Portugal facilitando o intercambio de experiencias no ámbito da economía social e fomenta a igualdade de oportunidades e a inclusión de persoas para promover o emprendemento.

 

Máis información do Proxecto ES Factory neste enlace