O programa piloto Es-Mentoring é un proxecto para desenvolver procesos de mentoría.

EspazoCoop, Agaca e Xunta de Galicia colaboran no crecemento de entidades da economía social

Es-Mentoring pecha a edición 2022 con 18 empresas cooperativas e 2 asociacións do sector da discapacidade participantes, un programa para crecer e consolidar a súa actividade.

Creouse unha rede conformada por máis de 50 persoas mentoras na economía social que compartiu os seus coñecementos para implementar melloras nas entidades.

No día de hoxe celebrouse en Santiago de Compostela a presentación dos resultados de Es-Mentoring, o programa piloto creado por EspazoCoop, Agaca e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para aconsellar e guiar ás empresas de economía social mentorizadas para o desenvolvemento dos seus proxectos de economía social.

Nesta xornada participaron María Jesús Lorenzana, Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Covadonga Toca, Secretaria Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop e Higinio Mougán, Xerente de Agaca, quen salientaron os importantes resultados e obxectivos alcanzados nesta primeira edición de Es-Mentoring.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Fotos: por Conchi Paz (Xunta Galicia) e EspazoCoop

20 entidades participantes e rede de máis de 50 persoas mentoras

En total atendéronse a 20 entidades da economía social de Galicia, 18 cooperativas e 2 asociacións no sector da discapacidade, das 29 solicitudes recibidas para participar neste proxecto. Es-Mentoring dirixiuse ás empresas da economía social nas que se detectou unha necesidade específica ou que estean nun momento de crise, procesos de cambio, transformación, innovación… e lles interesase compartir as vivencias e experiencias doutras entidades con maior traxectoria e experiencia profesional que se comprometeron a aconsellalas co obxectivo de contribuír ao seu crecemento. As áreas e ámbitos de actuación nas que se desenvolveron estos procesos de mentoría foron comercialización, comunicación, económica – financieira, organizativa, RSE, innovación, ODS, transición dixital ou internalización, entre outras.

Creouse unha rede de 55 persoas mentoras da economía social (33 mulleres e 22 homes) para atender as solicitudes recibidas, personas expertas con elevados coñecementos sobre o funcionamento e procesos no tecido socioeconómico, das que 27 desenvolveron os procesos de mentoría en formato presencial e virtual.

Sobre EspazoCoop

A Unión de Cooperativas Espazocoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores e que ten como obxectivo: agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperativismo, como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria.