A Feira das Industrias Culturais CULTURGAL 2014 celébrase do 5 ao 7 de decembro de 2014, e este ano tamén atoparás nela unha mostra dos proxectos que levan adiante cooperativas do sector cultural.

Onde será ? no Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

Que cooperativas estarán presentes na Feira ? : Trespés, Culturactiva, Urdime ou Cestola na Cachola.

 

Poderás atopalas tanto nos Expositores da Feira (Urdime e Cestola na Cachola) como na Programación de actividades culturais da mesma:

Sábado 6 de decembro

11.15 Antía, Wamba, e o ritmo do camiño. Brais Gutiérrez, músico e narrador, e Marta Ortiz, contadora. Urdime. ESPAZO INFANTIL

20.30 Peor imposible da Compañía Peter Punk. Culturactiva. ESPAZO INFANTIL

 

Domingo 7 de decembro

11.30 Daboapipa, de Vero Rilo e Santi Prieto. Culturactiva. ESPAZO INFANTIL.

17.00 Por que non cantades todas. Documental. Trespés.SALÓN DE ACTOS.