Como cada ano, a Alianza Cooperativa Internacional presentou a súa mensaxe co gallo da celebración do Día Internacional do Cooperativismo, o sábado 6 de xullo de 2013.

O lema elixido para este ano é o seguinte:

“A empresa cooperativa mantense forte en tempos de crise”

O lema resulta aínda máis oportuno á luz da situación doutras formas empresariais confrontadas actualmente coas loitas económicas mundiais.

Descarga aquí a: Mensaxe da ACI no Día internacional do cooperativismo 2013

O Día do Cooperativismo Galego, baixo o lema “A empresa cooperativa avanza forte”, e  coincidiendo coa conmemoración internacional que exalta en todo o mundo os valores e principios cooperativos, celebróuse tamén o 6 de xullo na cooperativa Feiraco en Pontemaceira (Ames, A Coruña). Entre outras actividades tivo lugar o acto de entrega dos Premios á Cooperación  2013.