Un ano máis, a Secretaría Xeral de Emprego quere unirse ao festexo do “Día do cooperativismo” que ten lugar cada primeiro sábado de xullo. Así pois, co fin de facer partícipes desta celebración a todas as cooperativas galegas, e a todas as persoas que traballan a prol do cooperativismo​, convidando a que asistades o próximo sábado 7 de xullo ao acto de celebración do Día do Cooperativismo Galego 2018 que terá lugar no Porriño, na sede da cooperativa Maier Ferroplast.

Para anotarvos só teredes que cubrir a ficha de inscrición que aparece na web www.cooperativismogalego.com ou simplemente enviando unha mensaxe ao correo diadocooperativismo@xunta.gal indicando o número de persoas que queredes ir, a cooperativa ou entidade á que pertencedes e facilitar un teléfono de contacto.