Un ano máis celebramos o Día do Cooperativismo Galego 2016, o sábado 2 de xullo, coincidindo coa celebración do día internacional do cooperativismo. O lema para este ano é: “Cooperativas: o poder de actuar por un futuro sostible”. Os eventos previstos están promovidos pola Xunta de Galicia, a través do Consello Galego de Cooperativas (do que fan parte as asociacións de cooperativas).

En Galicia, este ano, celebrámolo na cooperativa vitivinícola, Viña Costeira de Ribadavia, e o programa de actos inclúe a entrega dos Premios á Cooperación 2016, nesta edición van a recibir este recoñecemento, entre outras premiadas, as cooperativas socias da Unión : Cidadanía, 7H, e Ítaca.

Se queres coñecer o programa do Día do Cooperativismo Galego, fai clic: aquí

Se queres inscribirte para asistir ao Día do Cooperativismo Galego, fai clic: aquí

O Día é unha data para dar a visibilizar á sociedade a importancia e os logros do cooperativismo a nivel internacional e local, para celebrar a súa contribución en tódolos ámbitos da sociedade (na economía, no social, no cultural, no laboral, …), e para aumentar o coñecemento sobre a actividade das cooperativas, ao mesmo tempo que difundir os ideais e valores do movemento cooperativo, a solidariedade, a igualdade, a axuda mutua, a autoxestión, …

Este día de celebración, tamén ten por obxetivo, afortalar e ampliar as relacións e o coñecemento mutuo entre tódalas persoas e entidades do cooperativismo, así como abrir ás portas do cooperativismo a toda a sociedade. Neste sentido, promóvese a campaña “Cooperativismo de Portas Abertas”, o venres 1 de xullo, no que pódense visitar algunhas cooperativas galegas. Para saber máis preme aquí.

Ven a celebrar o cooperativismo o sábado 2 de xullo !