A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, está organizando a exposión “Descubre as cooperativas” que se abrirá ao público en Ordes do 26 ao 28 de abril, e convida á cidadanía en xeral a visitala.

A mostra presenta as potencialidades e solucións que ofrecen as cooperativas como un modelo empresarial que pola súa versatilidade e capacidade de adaptación está demostrando ser capaz de manter e crear empregos na actual situación de crise económica.

A exposición dá conta dos elementos claves do modelo cooperativo: que son, que tipos de cooperativas hai, como funcionan, cales son os valores que defenden, que pasos dar ou que apoios existen para impulsar o emprendemento cooperativo.

Ao longo de algo máis de 100 metros cadrados, as persoas visitantes poderán achegarse ao autoemprego cooperativo, ao cooperativismo agrario, ou mesmo comprobar se teñen ‘madeira de cooperativistas’, nunha exposición marcada polo seu carácter interactivo e dinámico.

Descarga o :  díptico informativo onde podes atopar máis información sobre a exposición.

Ademais habilitarase un stand do Consello Galego de Cooperativas, atendido pola coordinación da Rede Eusumo, no tamén participa Ugacota coa achega de material divulgativo.