Crowdfunding de Metrópolis para producir “Ciudad de la Selva”
O DOCUMENTAL SOBRE A DERRADEIRA HISTORIA DA GUERRA CIVIL LANZA UNHA CAMPAÑA DE FINANCIAMENTOAmigos e amigas; poñémonos en contacto convosco desde o colectivo Sputnik Labrego e a cooperativa Metropolis.coop para darvos a coñecer o proxecto cinematográfico da Ciudad de la Selva e pedir a vosa axuda tanto para o financiamento como para a difusión do filme. |
Ciudad de la Selva é a historia deste grupo de refuxiados, fuxidos, que tratan de sobrevivir coa esperanza de que, ao final da Segunda Guerra Mundial, os exércitos aliados interveñan tamén no territorio español. Tralo alzamento militar de 1936, moitos civís vense obrigados a desprazarse buscando un lugar seguro á espera do fin da guerra. Ciudad de la Selva xorde como un asentamento de desprazados nos montes de Casaio (Ourense) que reúne, fundamentalmente, a galegos e asturianos opositores ao novo réxime franquista. Hoxe, grazas a un gran número de achados arqueolóxicos e ao testemuño de expertos e persoas que se relacionaron directamente con este grupo de disidentes, podemos reconstruír a historia destas persoas e saber que sucedeu nos montes de Casaio desde que se formou o poboado ata o cruento final da guerrilla a mans da garda civil en 1946. |
O luns 21 de decembro lanzamos a campaña de financiamento a través da plataforma Goteo para conseguir os medios económicos que nos permitan realizar un proxecto cinematográfico, que é tamén unha ferramenta de divulgación científica e un exercicio imprescindible de memoria sobre unha historia que está próxima a perderse. Non estamos pedindo diñeiro sen máis. Todas as achegas económicas do crowdfunding constan dunha contraprestación material ou inmaterial que fai desta película un proxecto máis colectivo do que xa é; pois somos varias as organizacións involucradas na realización do documental. Precisamos da vosa axuda tanto na difusión da película como na participación do crowdfunding e agradecemos enormemente que dediquedes o voso tempo a ler sobre o noso traballo. Moitas grazas a todas e todos. SE QUERES PARTICIPAR, CLICA AQUÍ
|