O pasado 26 de Xuño, o Comité Económico e Social Europeo (CESE) ven de emitir un dictame sobre o tema “Cooperativas e reestructuración” no que se pon de manifesto que as cooperativas, pola súa natureza e modelo empresarial que aplican, contribúen a estratexia Europa 2020, xestionan o cambio de xeito economicamente eficiente e socialmente responsable e contribúen á cohesión social e territorial.
Do mesmo xeito, faise constar que, en épocas de crise, as cooperativas son máis resistentes e estables que outras formas de empresas á vez que desenvolven novas iniciativas empresariais. Isto pódese atribuir ás especificidades das cooperativas: o seu enfoque a longo prazo, forte arraigo territorial, promoción dos intereses dos membros e atención a cooperación entre elas.
O dictame tamén considera que é importante que a excelencia manifiesta das cooperativas se difunda e desenvolva nas políticas nacionais e da UE. Para elo fai distintas recomendacións, entre as que destacan:
- Sexan accesibles para as cooperativas os instrumentos financeiros europeos, incluido o plan de acción para o financiamento das PEMES.
- Novas normas para a contratación pública que incorporen medidas específicas para mellorar as oportunidades das cooperativas sociais.
- Deberían establecerse medidas para facilitar a transferencia de empresas ás persoas traballadoras, seguindo a proposta do CESE dun marco para facilitar a participación financeira dos/as traballadores/as. As cooperativas de traballo asociado e as adquisicións de empresas polos traballadores deberían ser apoiadas mediante unha liña orzamentaria específica da UE, que tamén incluíra os instrumentos financeiros.
Descarga: Texto completo do Dictame do CES Europeo “Cooperativas e reestructuración“.