Cooperativas de Plataforma Xa!
Promovendo a economía dixital cooperativa a través dunha verdadeira economía colaborativa
// 3ª edición – curso online. Inicio en Setembro //
[ Quen impulsa esta acción formativa especializada? ]
O curso sobre Cooperativas de Plataformas Dixitais está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy co Instituto para a Economía Dixital Cooperativa de The New School (Nova York)
A Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES (Confederación empresarial española da economía social) e o Fondo Social Europeo-FSE.
Máis de 800 persoas de máis de 50 países ao longo do mundo nas súas edicións previas, a 3ª edición deste curso busca introducir e desenvolver ideas de plataforma cooperativas e inicia en Setembro de 2021.
[ Que son as Cooperativas de Plataforma? ]
As cooperativas de plataforma pretenden ofrecer unha alternativa ás economías e os negocios de plataforma dixital (“a mala economía dixital-colaborativa”). Os seus obxetivos: crear traballo digno, estruturas de traballo e de decisión horizontais, tecendo redes, basadas na copropiedade e a cogobernanza.
[ Exemplos da Boa Economía Colaborativa: que iniciativas hai en marcha como cooperativas de plataforma? ]
Para que as valores e te inspires, algúns exemplos de cooperativas de plataforma son estes:
– CoopCycle Xestión de entregas en bicicleta. Plataforma europea de software libre para ciclomensaxería, adicada unicamente a cooperativas para a xestión de entregas en bicicleta.
– Som Movilitat proxecto que xestiona a movilidade en coche eléctrico.
– Fairmondo mercado en liña para bens e servizos éticos (en Alemaña e Reino Unido)
– Stocksy cooperativa adicada á fotografía de stock.
[ Descrición do Curso: COOPERATIVAS DE PLATAFORMA XA! ]
A chegada do COVID acelerou a nivel global a crise do emprego digno e emancipador. Desde España ou Italia ata as partes máis recónditas de Brasil, Estados Unidos ou Indonesia, o virus non discrimina por status social, con todo o seu impacto social e económico non é o mesmo para todas as persoas afectadas. Os sectores do turismo, a educación, a arte… e sobre todo o colectivo de traballo temporal e pouco regulado así como os colectivos xa castigados de ingresos baixos, en risco de exclusión, a clase traballadora e as persoas migrantes, son as que máis están a sufrir.
A franxa social alárgase, a diferenza de salarios crece, a confianza nos gobernos volve cambalearse e máis e máis persoas ven o nacionalismo e o populismo como posible resposta. As persoas traballadoras perden poder sobre as súas propias vidas.
Que facemos ante esta situación? Como poden as persoas traballadoras retomar o control, organizarse e participar na construción dunha sociedade máis humana e xusta? A historia dinos que son os momentos máis adversos os que abren portas á creación de solucións outrora imposibles como o New Deal na Gran Depresión.
As Cooperativas de Plataforma poden xerar empregos de calidade a escala, xa!, e é que nun momento no que as grandes tecnolóxicas están a crecer de maneira alarmante, este curso non pretende soamente analizar a contorna, senón prover de ferramentas ás persoas emprendedoras para xerar cooperativas de plataforma.
Ademais, busca que as persoas participantes pasen a ser parte dunha rede global de persoas comprometidas co cambio, xa sexa desde o emprendemento, así como desde a investigación ou o desenvolvemento de políticas.
O cambio cara a unha economía realmente humana, inclusiva, xusta, de propiedade compartida e xestión democrática é posible.
O curso está composto por dúas partes. A primeira de catro módulos, ten como propósito xerar consciencia sobre o capitalismo de plataforma e dar a coñecer o modelo de traballo asociado. A segunda consta de dez módulos, onde baseados na metodoloxía de Mondragon Team Academy vívese unha experiencia de aprendizaxe en equipo, traballando desde un concepto ata desenvolvemento, testeo e presentación. O curso ten unha dedicación estimada de 66 horas en total.
[ APÚNTATE Á 3ª EDICIÓN ]
Ata o 10 de Setembro estará aberto o proceso de inscrición.
Guía para as inscricións aquí
[ Destinatarias]
Para aquelas persoas que:
– Queiran deseñar e prepararse para lanzar a súa cooperativa de plataforma.
– Persoas socias ou participantes en cooperativas ou startups existentes que queiran transformar a súa empresa en cooperativa de plataforma.
– Están involucradas en desenvolvemento de políticas.
– Traballan con colectivos emprendedores ou estudantís.
– Teña curiosidade sobre como se pode crear unha plataforma dixital máis ética a través das cooperativas de plataforma facendo uso da metodoloxía learning by doing (aprender facendo).
[ Que se traballa? ]
– Desenvolvemento dunha idea e un plan de acción para unha cooperativa de plataforma en equipo.
– Un maior entendemento do capitalismo de plataforma e a gig economy.
– Aprendizaxe sobre o modelo de cooperativa de traballo asociado.
[ Prezo e duración do curso]
– O curso é completamente en liña e para os participantes do estado ten un prezo de 130 € , con todo, queremos que o curso sexa o máis inclusivo posible e para aqueles perfís que poidan ter dificultades económicas temos unha bolsa de axuda que financia parte do programa.
– Ao completar o curso recíbese un diploma expedido por The New School e Mondragon Unibertsitatea.
– É un curso de 14 semanas de duración. De Setembro a Decembro de 2021.
[ Docencia]
Trebor Scholz Autor de ” Uberworked and Underpaid”, Trebor Scholz é un académico activista e director-fundador do Instituto para a Economía Dixital Cooperativa en The New School en Nova York.
Jose Mari Luzarraga Mosteiro Emprendedor social e socio en MONDRAGON dedicado ao traballo por unha globalización ao servizo de e centrada nas persoas a través do emprendemento de equipo. Co-fundador de Mondragón Team Academy ( MTA World) unha comunidade internacional de emprendedores de equipo e creadores do cambio a través da definición e implementación dunha nova visión da educación. ( ASHOKA fellow desde 2015).
[ Podes saber máis]
Podes saber máis https://platform.coop/es/
APÚNTATE Á 3ª EDICIÓN: neste enlace | Guía para as inscricións aquí
Para máis información ou dúbidas > platformcoops@mondragon.edu
Tamén podes contactar con nós: Unión de Cooperativas EspazoCoop, Telf. 881 887 456 – email tino@espazo.coop