Representantes de federacións europeas e españolas de cooperativas reuníronse a principios de novembro en Murcia para traballar no proxecto europeo ‘Saving Jobs!’, de empresas reconvertidas en cooperativas polas súas persoas traballadoras. Segundo informa a Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA), que lidera o proxecto, o obxetivo é “trasladar a importante traxectoria española sobre a reconversión de empresas” a países onde esta experiencia non é tan frecuente. O proxecto serve, á súa vez, para sistematizar os datos que se teñen en España das diferentes comunidades autónomas.

Segundo a definición formulada neste Proxecto, as empresas reconvertidas son empresas tradicionais capitalistas que pasan a mans das persoas traballadoras en forma de cooperativa. Esto ocorre fundamentalmente en dous supostos: cando a empresa capitalista entra en crise económica e as traballadoras/es deciden recuperala constituíndo unha cooperativa e salvando os seus postos de traballo, ou cando as persoas propietarias xubílanse e non teñen sucesoras/es, e ceden a empresa ás persoas traballadoras, que a xestionan colectivamente a través dunha cooperativa.

COCETA calcula que en España hai actualmente máis de 100 empresas reconvertidas, “desde unha perspectiva de prudencia”. Afirman que aínda queda camiño por recorrer, datos que recopilar e, ademais, lexislación por cambiar.

Murcia é un dos lugares onde máis se están reconvertindo empresas na actualidade. Por elo elixiuse esta comunidade para a celebración do Seminario, dando a oportunidade ás/ós participantes de Europa de visitar, de primeira man, algunhas destas cooperativas.

Estratexia de formación e reivindicacións

Neste primeiro encontro analizáronse distintas situacións que viven os países europeos para poder planificar e realizar unha estratexia sobre o tipo de formación que se fará en cada país. Persoas expertas de España visitarán os países europeos e farán formación vía web. Ademais, preparan unha serie de ferramentas para a reconversión, como guías e manuais.

O seminario, que contou na súa inauguración con Leopoldo Navarro, director xeral de Relacións Laborais e Economía Social da Rexión de Murcia, incluiu unha conferencia a cargo de Francisco Javier Sanz, director da cooperativa Elkar-lan, da Corporación Mondragón. Sanz criticou todas as veces que a Comisión dixo e emitiu recomendacións para fomentar a transformación de empresas en cooperativas, algo que apenas foi cumplido. Ademais, indicou que hai que explicar con transparencia por que lles pode interesar ás persoas traballadoras seguir coa empresa. Entre outras razóns, porque serán “actores do seu destino”. Advertiu tamén que non todo debe reconvertirse: “Se unha empresa non ten posibilidade de negocio, non hai que transformala, hai que pechala. Temos que traballar na viabilidade”, engadiu.

Por parte das entidades europeas, Alice Warton, representante de Cooperatives UK, de Reino Unido, explicou a falta de lexislación existente en cooperativas de traballo no seu país; algo que sucede tamén en Dinamarca, segundo a delegada da entidade danesa Kooperationen, Elsa Brander. Ambas organizacións están expectantes ante a posibilidade de aprender do exemplo español, aínda cando en ambos países si que existe unha amplia traxectoria cooperativa.

Presentados pola directora de COCETA, Paloma Arroyo, participaron tamén técnicos/as das entidades españolas socias do proyecto: a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado da Rexión de Murcia (UCOMUR), a Federación Valenciana de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado (FEVECTA), a Federación Andaluza de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado (FAECTA), a Federació de Cooperatives de Treball de Catalunya (FCTC) e a Asociación Navarra de Empresas Laborais (ANEL).

As/os participantes coincidiron en que fai falta unha Lei Estatal para a transmisión de empresas. Tamén referíronse aos problemas que tiñan á hora da recuperación, como que a miúdo as persoas traballadoras entéranse demasiado tarde de que a empresa está quebrando, cando xa non hai moitas posibilidades de salvala. Nalgunhas comunidades autónomas existen axudas, aínda que o consenso xeral é que faltarían máis apoios.

Por último, a experta Carmen Pastor, profesora de Dereito Mercantil e Procesal da Universidade de Alicante, alertou que “os acreedores públicos (a Seguridade Social, Facienda…) son un dos maiores obstáculos á hora de recuperar empresas en crise”.

Fonte: Observatorio Español da Economía Social