• A Confederación Española de Empresas Cooperativas (COCETA) reúne en Valencia alumnado de colexios de Valencia, Murcia e Baleares.
  • Estudiantes de Bachalerato do Colexio Martí Sorolla (Valencia) gañan o 1º premio do concurso.
  • A xornada enmárcase nas actividades conmemorativas do 30º aniversario da entidade.

A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA), fundada en Valencia hai 30 anos, está celebrando durante todo 2016 unha serie de actos e xornadas cos que, ao tempo que conmemora a súa fundación, quere promocionar e fomentar o cooperativismo.

COCETA celebrou o 30/09/16 en Valencia a xornada de entrega de galardóns do concurso estatal de vídeo escolar “¿Que é para ti unha cooperativa de traballo?“, ao que se presentou alumnado de cooperativas de ensino de todo o Estado. O obxetivo do certame foi a difusión do modelo empresarial cooperativo entre o alumnado de 3º e 4º da ESO, Bachalerato e Formación Profesional.

Os vídeos premiados poden verse na web de COCETA www.coceta.coop

A Vicepresidenta de Coceta, Malena Riudavets, revindicou na súa intervención a tarefa das escolas cooperativas no noso país, máis de 500 centros maioritariamente concertados aos que asisten cerca de 250.000 alumnos/as. “A aposta pola escola concertada cooperativa é unha aposta pola calidade educativa, por unha escola inclusiva, non selectiva, integradora, participativa, solidaria, democrática, con valores e principios”.

Pola súa parte, o director xeral de Cooperativismo, Paco Álvarez, recoñeceu que o cooperativismo e a economía social “non ocupan aínda o lugar que merecen na sociedade, non só no noso país, senón tamén noutros países do noso entorno” e  apuntou á educación como vía para transformar esta realidade.

Premios de COCETA

O colexio Marti Sorolla levou o premio principal, 2.000 euros para material escolar máis un diploma acreditativo para o centro, as/os docentes e o alumnado que fixeron o vídeo. Os demais centros finalistas reciben 1.000 euros en material escolar, ademais do diploma acreditativo para a escola, as/os docentes e o alumnado.

A cooperativa Abacus patrocina unha parte do premio, a través de tarxetas regalo canxeables por material escolar. Ademais, COCETA invita a tódolos premiados a unha visita ao Oceanográfico de Valéncia.

(Fonte: Prensa Coceta)