Dende a Federación de Cooperativas Sinerxia, infórmannos de que do 23 ao 26 de outubro celebrarase, en Pontevedra, a cuarta edición da Conferencia Ibérica de Emprendemento. Da man da Universidade de Vigo e a Associação Portuguesa para o Empreendedorismo (Empreend), organízase a IV Conferencia Ibérica de Emprendimiento, cuxas edicións anteriores se desenvolveron en Cascais, Madrid e Lisboa.

Amáis das xornadas técnicas e científicas programadas, terá lugar unha actividade que pode ser especialmente atractiva para as cooperativas de recente creación (ata dous anos): o PONT-UP Store, nela, as participantes terán a posibilidade de testear os seus produtos/servizos directamente cos potenciais consumidores a pé de rúa, nunha das 40 casetas que de xeito gratuíto vanse colocar en diferentes prazas da zona vella da cidade de Pontevedra.

Para consultar o programa, prema aquí.

Para incribirse no PONT-UP Store, prema aquí

*As cooperativas interesadas en participar no PONT_UP Store, lembrade comentar na inscrición que a facedes a través da Federación Sinerxia.