Catálogo da Rede de persoas Mentoras
[ES-Mentoring]
No marco do programa ES Mentoring promovido pola Xunta de Galicia, EspazoCoop dinamizou a creación dunha Rede de persoas Mentoras que prestan asesoramento e acompañamento especializado (mentoring na economía social) para a mellora das empresas e entidades deste sector, co fin principal de apoiar a consolidación das cooperativas e demais entidades de economía social do tecido económico de Galicia, que poden ser beneficiarias dos servizos de ES Mentoring de xeito gratuíto cando as súas convocatorias están abertas.
Catálogo de Mentoras na economía social
O Catálogo é froito da dinamización das primeiras edicións do programa ES Mentoring, realizadas polas asociacións de cooperativas EspazoCoop e Agaca, nas que participaron profesionais expertas en diversas áreas co fío común da súa solvencia e experiencia no sector da economía social, que se postularon e traballaron como Mentoras nas edicións 2022 e 2023 do programa, acompañando e orientando a cooperativas e empresas do sector.
O Catálogo virtual da Rede de Mentoras na economía social, composto por preto de 70 persoas, consta dunha breve descrición do perfil profesional de cada mentora, e información das áreas de especialización que poden abordar nos procesos de mentoría a empresas de economía social. Está dispoñible na web de ES-Mentoring.
CATÁLOGO > Consulta o Catálogo
O Catálogo é un recurso do sector cooperativo e da economía social de Galicia que servirá, ademais de como fornecedor de mentoras no programa ES Mentoring, como un útil promocional de expertas que poden colaborar noutros programas, iniciativas e accións, ao que calquera pode acudir para buscar profesionais e solicitar os seus servizos.
Se eres unha profesional do sector e estás interesada en facer parte deste Catálogo para realizar mentoring a cooperativas e outras empresas da economía social:
FAITE MENTORA ! preme aquí
ES-Mentoring, Acompañando á Economía Social
ES-Mentoring é un programa de acompañamento e asesoramento, promovido pola Xunta de Galicia, que se dirixe ás empresas da economía social que teñen unha necesidade específica, ou que están nun momento de crise, proceso de cambio, transformación, innovación… e están interesadas en recibir orientación ou asesoramento sobre como enfocar a situación por parte doutras persoas expertas e empresas da economía social xa consolidadas e que poidan ter pasado por situacións similares con anterioridade. + Info do programa na web de ES Mentoring aquí