Cal3 publicará “A Ollada dos Cal. 100 anos de fotografía” mediante un crowdfunding

Cal3 Fotografía s. coop. galega ten en marcha a edición do libro “A Ollada dos Cal. 100 anos de fotografía”, unha publicación que recollerá as orixe da súa teima pola fotografía que atopámola na familia.

A publicación é a divulgación do patrimonio fotográfico de tres xeracións da familia Cal, cada unha se cadra con diferente intención, con ollada diversa pero poñendo o maior interese nas persoas, na paisaxe ou nas emocións. Neste libro queren recoller precisamente esa emoción que xurde nalgunhas fotografías. Están co traballo moi avanzado pero decidiron facer unha campaña “crowdfunding” para financiar a edición pero tamén para compartir a ilusión que teñen por ver realizado este proxecto.

Para consultar toda a información desta Campaña e realizar colaboracións neste enlace