Búscanse mecenas para celebrar o II Delas Fest
Imaxe: I edición Delas Fest. Autor: Marcos Boedo – 7H Cooperativa Cultural
En 7H Cooperativa Cultural, entidade dedicada á creación contemporánea, á educación artística e á xestión cultural, veñen de lanzar unha Campaña de mecenado en Goteo.org para financiar a II edición do festival feminista de arte urbana e contextual DELAS FEST.
Este evento, pioneiro en Europa, celebrouse por vez primeira en 2019 co obxectivo combater as desigualdades materiais e simbólicas que sofren as mulleres nesta disciplina. Esta nova cita procura afondar na articulación de respostas colectivas que permitan acadar a igualdade no sector a través dunha edición máis longa, extensa e diversificada. Dadas as enormes dificultades que atravesa o sector cultural como consecuencia da pandemia do coronavirus, a materialización da proposta depende, en grande medida, do financiamento colectivo.
Podes atopar toda a información sobre a campaña e o festival DELAS FEST Neste Enlace.