Damos a benvida e presentamos unha nova asociada á Unión de Cooperativas de Traballo Ugacota, trátase da cooperativa Bico de Grao, un proxecto que arrancou no ano 2014 da man de tres mulleres na cidade de Lugo.

Bico de Grao é unha tenda de produtos ecolóxicos a granel, un espazo social e de rede (de xestión comunitaria de servizos), e tamén un obrador téxtil Fíxenoeu. Un proxecto de autoemprego no que queren integrar a agroecoloxía, o consumo responsable, a soberanía alimentaria, a educación alternativa, e a creación e produción téxtil.

Bico de Grao s. coop. galega están en:

Ronda das Fontiñas, 226 baixo. Lugo.

Telf. 982 80 79 35 – bicodegrao@hotmail.com

Coñece esta cooperativa a través da súa rede social, fai clic: Bico de Grao