Ítaca, S.Coop. Galega, cooperativa socia de Ugacota, achéganos unha proposta comercial especial para as cooperativas socias.

A súa proposta versa sobre a realización de auditorías en protección de datos nas cooperativas. O servizo incluiría, en función da situación de cada cooperativa, as seguintes actividades:

– diagnóstico e avaliación inicial,

– elaboración de documentos e protocolos,

– legalización de ficheiros, formación do persoal,

– mantemento e seguimento das medidas implantadas,

– creación de cláusulas para as páxinas web.

 

No documento que se xunta pódese coñecer a oferta polo miudo. oferta_itaca_pd

 

Esta oferta diríxese ás cooperativas socias de Ugacota.