O pasado sábado 23 de maio celebráronse, nas instalacións do Colexio Possumus en Vigo, as asembleas das entidades representativas do cooperativismo galego, Ugacota, Ucetag e Sinerxia. Aproveitouse a celebración conxunta das asembleas, para traballar tamén diferentes aspectos que tiñan que ver co proceso de fusión de tódalas entidades.

Foi deste xeito unha xornada intercooperativa, na que participaron 18 cooperativas de distintos sectores e actividades e 31 persoas entre socias das cooperativas e persoal técnico das Unións. En sesión de tarde levouse a cabo un networking cooperativo onde persoas e entidades tiveron ocasión de estreitar lazos nun ambiente distendido e lúdico.

Reportaxe gráfica:

Asamblea Ugacota1 2305153 Asamblea Ugacota3 ASEMBLEA SINERXIA 3-LIÑAS FUTURAS FOTO GRUPO - ENCONTRO INTERCOOPERACIÓN 2 Networking