O sábado 11 de xuño de 2016 Coop57 SCCL, servizos financeiros éticos e solidarios, celebra a Asemblea Xeral 2015 da sección territorial de Galicia, será en Santiago de Compostela, no Centro Sociocultural de Fontiñas, nela participará UGACOTA, en calidade de socia de servizos.

Nesta Asemblea vaise a presentar, debater, e someter a aprobación: a Memoria Social, as Contas Anuais e a Imputación de Resultado Económico, do ano 2015 da cooperativa. Ademais quérese xerar, un espazo de participación sobre a estratexia da cooperativa vinculada á colaboración coas administración públicas locais, para a dinamización e afortalamento da economía solidaria.

Aproveitarase tamén para presentar ás entidades socias de Galicia beneficiarias dun empréstito, ou que se teñan incorporado á cooperativa no último ano.

A Asemblea da Cooperativa, na que participan tódalas seccións, está prevista para o 22 de xuño, polo que a da sección galega será o preparatorio para participar nela.

Coop57 Galiza, Servizos Financeiros Eticos e Solidarios
Telfs : 986 896 526 / 673 524 748
galicia@coop57.coop – www.coop57.coop/gl