O 31 de xaneiro de 1995 é a data da alta de IAE dunha sociedade, que nacía baixo o nome de Algalia, tratábase dun paso máis no camiño de 7 mozos, que aspiraban a través dun proxecto de autoemprego canalizar as súas inquedanzas, valores e forma de ver o mundo.

O 31 de xaneiro de 2015, é a data na que cumpren 20 anos. Algalia é un grupo, con base cooperativa, conformado por 23 persoas, algúns mozos e outros xa homes e mulleres. Aspiran a ser un espazo de aprendizaxe, dende o cal canalizar inquedanzas, valores e forma de ver o mundo.

Algalia, asesoría – consultoría,  son especialistas na mellora da xestión e dirección do sector non lucrativo.

Parabéns Algalia !!

Fonte da nova: web de Algalia, preme aquí