Inaugurou oficialmente Fiare Banca Ética, o pasado 27 de Marzo, no Museo de Reproduccións de Bilbao, coa presencia do Presidente de Banca Etica, Ugo Biggeri, membros do Consello de Administración, representantes das traballadoras/es do banco e de todas as persoas socias, estas últimas como principais protagonistas que permitiron o desenvolvemento do proxecto en toda España.

Esta oficina de Bilbao convértese así en referencia e sede social do proxecto cooperativo en toda España.

“Desde o seu nacemento en 1999 Banca Ética creceu grazas a unha xestión eficaz e a súa capacidade de plasmar estas ideas na economía social, dando valor ás relacións, distinguíndose claramente das finanzas irresponsables que pretenden maximizar as ganancias para poucos a curto prazo e allea a toda idea de ben colectivo e desenvolvemento sostible – explica Ugo Biggeri, Presidente de Banca Popolare Etica – Coa apertura da Sucursal en España o noso banco é un exemplo positivo a nivel internacional e desexa seguir facendo finanzas éticas de maneira independiente e apoiar miles de proxectos que teñen como obxetivo mellorar a sociedade en que vivimos e que nos permiten construir xuntos un futuro mellor.”

Fai clic, para ver unha nova sobre este tema no Portal da Economía Solidaria :

Inauguración da oficina de Fiare Banca Ética en Bilbao