Para posto de desenvolvemento tecnolóxico a cooperativa Strelia Electrotecnia busca novo/a socio/a traballador/a, co fin de incorporarse nesta iniciativa empresarial de solucións de electrónica profesional.

O perfil que buscan é dun/ha enxeñeira/o de telecomunicacións ou industrial na especialidade electrónica ou licenciatura en física especialidade electrónica, con máis de 5 anos de experiencia en campos como a eficiencia enerxética, o control industrial, as ciencias da terra e as telecomunicacións, con capacidades para participar na definición de estratexias empresariais e comerciais, xeración de negocio, tramitacións administrativas e desenvolvemento de proxectos técnicos e traballos de campo e laboratorio.

Ademais, valorarase a capacidade de traballo en equipa, organización e metodoloxía. Preferibelmente con experiencia en sociedades cooperativas. No tocante a idiomas, galego, español e inglés, fluídos. A residencia na área de Santiago de Compostela.

O importe de capital social a achegar é de 8.000 €, e 1.500 € de cota de ingreso. O anticipo societario será de 876,60 €/mes brutos, e o compromiso de permanencia de 1 ano.

As persoas interesadas podedes enviar un correo electrónico a: info@strelia.pro