Roteiro Cooperativo na Coruña: unha visita lúdica polo cooperativismo local
Roteiro Cooperativo na Coruña, unha visita lúdica polo cooperativismo local para descubrir as cooperativas e a economía social do concello
Por terceiro ano lanzamos o Roteiro Cooperativo na Coruña, unha iniciativa promovida por EspazoCoop en colaboración co Concello de A Coruña con tres datas os días 27, 28 e 29 de outubro de 2026.
- Martes 27 de outubro de 9.30 a 12.30 h | Alumnado do Fernando Wirtz
- Mércores 28 de outubro de 9.30 a 12.30 h | Alumnado do Colexio da Grande Obra de Atocha
- Xoves 29 de outubro de 9.30 a 12.30 h | Alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal
A actividade trátase dunha ruta guiada por A Coruña para visitar e coñecer 3 cooperativas da cidade para achegarse ao cooperativismo e a economía social. A través desta iniciativa identifícanse cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía, ao tempo que se promociona o modelo cooperativo para mostrar proxectos emerxentes, exitosos, e viables, realizando tamén unha función divulgativa sobre o autoemprego colectivo.
A comunidade escolar dos centros Fernando Wirtz, CPR La Grande Obra de Atocha e IES Ramón Menéndez Pidal, será quen realice o itinerario para visitar ás cooperativas nesta terceira edición do Roteiro Cooperativo.
Cun formato de visita guiada, o punto de encontro será o Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio, onde ten a súa sede na Coruña a Unión de Cooperativas EspazoCoop. Aquí, coñecerase a unha cooperativa establecida no centro, seguidamente o grupo desprazarase a coñecer dúas cooperativas máis da cidade.
O Roteiro será dinamizado por EspazoCoop, achegará información sobre as opcións de emprendemento cooperativo para o alumnado: As cooperativas xuvenís, ou sobre o Certame de cooperativismo no ensino, ao mesmo tempo, as cooperativas visitadas presentarán a súa empresa, os seus produtos e contarán ás persoas participantes a súa traxectoria.
Cooperativas participantes
As cooperativas que se visitarán son a axencia de mercadotecnia dixital Tako Group, a cantina A Parva da cooperativa Malas Sementes (no Mercado de San Agustín), e a clínica de nutrición e fisioterapia Arela Saúde, conformada por mulleres.
—
*Esta iniciativa está realizada no marco do Convenino de Colaboración 2026 entre o Concello de A Coruña e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.
Leave A Comment