“Os programas de EspazoCoop foron fundamentais para nós. O apoio recibido axudounos a superar os retos para converter a nosa idea en negocio”
Cal foi a motivación principal para iniciar a vosa empresa cooperativa?
A nosa motivación principal para iniciar Moira, unha empresa de marketing dixital consciente, foi crear un proxecto que non só xere beneficios económicos, senón que tamén contribúa ao benestar da sociedade e o medio ambiente. Queríamos establecer un modelo de negocio que promovese a sustentabilidade, a ética e a responsabilidade social no ámbito do marketing dixital.
Cales foron os principais retos ao converter a idea nun negocio?
Os principais retos que atopamos foron:
- Financiamento inicial: tivemos a sorte de conseguir unha financiación de 60 mil euros grazas a ser gañadores do concurso: proxectos cooperativistas do marketing dixital.
- Concienciación e formación: formarnos e formar aos nosos clientes sobre a importancia e os beneficios do marketing dixital consciente.
- Desenvolvemento dun plan de negocio sostible: crear un plan que combinase rendibilidade económica con prácticas sostibles e éticas.
Como lle axudaron os programas de EspazoCoop, entre eles, EspazoCoop Emprende?
Os programas de EspazoCoop foron fundamentais para nós. O apoio recibido axudounos a superar os retos mencionados anteriormente a través de asesoramento especializado, formación e acceso a recursos que doutra maneira non teriamos tido.
Que recursos ou apoio do programa foron máis valiosos para vosa cooperativa?
Os recursos máis valiosos foron:
- Asesoramento personalizado: contar con expertos que nos guiaran en cada etapa do proceso foi crucial.
- Formación: os cursos e talleres sobre xestións de cooperativas foronos moi útiles para resolver algunhas dúbidas que seguiamos tendo despois de case un ano de actividade.
- Redes de contactos: a oportunidade de conectar con outras cooperativas e emprendedores foi de gran axuda para compartir experiencias e establecer colaboracións.
Que recomendacións tedes para futuros participantes do programa?
- Aproveitar todos os recursos dispoñibles: participar en todos os cursos, talleres e sesións de asesoramento que ofreza o programa.
- Crear unha rede de apoio: relacionarse con outros emprendedores e cooperativas para compartir coñecementos e experiencias.
- Ser perseverantes: os inicios sempre son complicados, pero con esforzo e dedicación, os resultados chegarán.
- Manter a visión e os valores: sempre lembrar a importancia de onde vimos.
De todos os servizos ofrecidos en EspazoCoop Emprende (asesoramiento, formación, soporte…), cal que pensades que aporta maior valor para mellorar as posibilidades de éxito da vosa cooperativa?
Consideramos que o asesoramento personalizado é o servizo que aporta maior valor. A posibilidade de contar cun mentor que nos acompañe e oriente en cada fase do proceso foi decisiva para o noso éxito.