Cal foi a motivación principal para iniciar a vosa empresa cooperativa?
Queriamos crear un espazo laboral horizontal e igualitario para todas as persoas asociadas que nos permitise levar adiante en conxunto proxectos máis ambiciosos.
Cales foron os principais retos ao converter a idea nun negocio?
A complexidade de todo o proceso administrativo e a dificultade de deseñar un plan de empresa sen ter coñecementos específicos nese tema.
Como lle axudaron os programas de EspazoCoop, entre eles, EspazoCoop Emprende?
Proporcionáronnos unha guía imprescindible e un acompañamento incalculable en todo o proceso de creación da cooperativa e seguen a ser a nosa referencia principal cando temos dúbidas sobre algún asunto.
Que recursos ou apoio do programa foron máis valiosos para vosa cooperativa?
A posibilidade de ter persoas capaces e dispoñibles inmediatamente para resolver calquera dúbida dános moitísima seguridade. Ata o momento non houbo ningunha situación na que non obtiveramos axuda e consello acertados.
Que recomendacións tedes para futuros participantes do programa?
Que teñan paciencia e confianza nas persoas que os asesoran en Espazocoop e tamén que busquen unha xestoría familiarizada co funcionamento administrativo das cooperativas, sobre todo no caso de cooperativas do eido cultural.
De todos os servizos ofrecidos en EspazoCoop Emprende (asesoramiento, formación, soporte…), cal que pensades que aporta maior valor para mellorar as posibilidades de éxito da vosa cooperativa?
No noso caso, aínda non tivemos ocasión de participar das formacións ofrecidas por falta de tempo dispoñible pola nosa parte, pero consideramos que son ben necesarias e agradecemos ter a oportunidade de gozar delas en canto teñamos un momento. ata agora para nós foi importantísimo o soporte e asesoramento que nos ofrecen e a rapidez e eficacia coa que responden sempre.
Leave A Comment