Programa ES-Transforma en cooperativas

 

Publicada no DOG nº 123 a orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais para a anualidade 2022.

A finalidade desta orde é apoiar á transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen relevo xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estiveran a exercer unha actividade económica.

A convocatoria diríxese a sociedades laborais ou cooperativas que xurdan dun dos seguintes proceso:

  • Constitución por ausencia de remuda xeracional. As entidades creadas estarán integradas, total ou parcialmente, por persoas traballadoras cuxos contratos resulten extintos por causa da crise ou xubilación da persoa empregadora.
  • Constitución por persoas autónomas que xa estiveran a realizar unha actividade laboral e estean en situación de alta no correspondente réxime.
  • Constitución por transformación de todo tipo de sociedades ou pola adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte das persoas traballadoras coa finalidade de transformala nunha cooperativas ou sociedade laboral.

Os conceptos subvencionables son:

  • Asesoramento legal para a constitución ou transformación. Os gastos de rexistro, notaría e os informes legais necesarios para a transformación.
  • Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa.
  • Obtención de certificacións de calidade.
  • Marketing, comunicación ou relanzamento comercial
  • Plan de protección de datos
  • Equipamento informático
  • Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web
  • Mellora na eficiencia enerxética
  • Adquisición de equipamento
  • Reforma do local de negocio
  • Mobiliario

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación das solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2022 ou ata esgotar crédito.

Para consultar a orde, preme aquí.

Se queres consultar o folleto da axuda preme aquí.

*Fonte: Web rede Eusumo.