Programa ES-Transforma 2023

A Xunta de Galicia convoca o programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais para a anualidade 2023.

A finalidade deste programa é apoiar á transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen relevo xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estiveran a exercer unha actividade económica.

A convocatoria diríxese a sociedades laborais ou cooperativas que xurdan dun dos seguintes procesos:

  1. Constitución por ausencia de remuda xeracional. As entidades creadas estarán integradas, total ou parcialmente, por persoas traballadoras cuxos contratos resulten extintos por causa da crise ou xubilación da persoa empregadora.
  2. Constitución por persoas autónomas que xa estiveran a realizar unha actividade laboral e estean en situación de alta no correspondente réxime.
  3. Constitución por transformación de todo tipo de sociedades ou pola adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte das persoas traballadoras coa finalidade de transformala nunha cooperativa ou sociedade laboral.

Os conceptos subvencionables son:

  • Asesoramento legal para a constitución ou transformación. Os gastos de rexistro, notaría e os informes legais necesarios para a transformación
  • Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa.
  • Obtención de certificacións de calidade.
  • Mercadotecnia, comunicación ou relanzamento comercial.
  • Plan de protección de datos.
  • Equipamento informático.
  • Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
  • Mellora na eficiencia enerxética.
  • Adquisición de equipamento.
  • Reforma do local de negocio.
  • Mobiliario.
  • Elementos de transporte.

contía da axuda será do 90% do custo total dos gastos subvencionables, cos seguintes límites:

  • 4.000 € para os gastos incluídos no concepto 1.
  • 5.000 € para os gastos incluídos nos conceptos 2, 3, 4, e 5.

O limite máximo destas contías é de 50.000 € por entidade beneficiaria.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 15 de setembro de 2023.

Consulta as bases reguladoras neste enlace.

Consulta o folleto do programa de axudas neste enlace.