[Oferta de contratación]

Servizo de desenvolvemento do `Roteiro Cooperativo´para a Unión de Cooperativas EspazoCoop.

 

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de desenvolvemento do ‘Roteiro Cooperativo’ na cidade de Santiago de Compostela.

Agardamos que sexa de interese para as cooperativas socias que realizan estes servizos e actividades, que poderán candidatarse e presentar unha proposta ata o 2 de xuño de 2023 ás 14 horas.

Obxeto do contrato: O obxeto é a contratación dun Servizo de desenvolvemento do ‘Roteiro Cooperativo’ en Santiago de Compostela.

Destinatarias da oferta: Cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Procedemento: Procedemento aberto de adxudicación ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Entidade contratante: Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Prazo de execución do servizo: Até o 31 de outubro de 2023.
Presentación de ofertas: A través do correo info@espazo.coop, con aviso de recibo.
Orzamento: 9.000 euros (ive non incluído)
Data límite de presentación de ofertas: Até o 2 de xuño de 2023 ás 14 horas.

Descarga as condicións da oferta de contratación: neste enlace