Pont-Up Store 20-22 Setembro / Praza de España / Pontevedra

INSCRICIÓNS ABERTAS

Xa é posible presentar candidaturas para participar na 5ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE que se celebrará os días 20, 21 e 22 de setembro na Praza de España de Pontevedra. Esta iniciativa, liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, é froito da cooperación de máis de 35 entidades públicas e privadas que durante estes cinco anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.

Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades demostrativas dentro do programa; e participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 4 escoitantes, representantes de importantes empresas e entidades galegas, coa novidade de que este ano as presentacións serán abertas ao público e haberá tempo para a réplica por parte das escoitantesAs candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades desde o 29 de maio ao 8 de xullo a través da web www.pontupstore.com. A decisión do comité organizador farase pública o 24 de xullo.

Inscribe a túa empresa a través da web pontupstore.com

Podes escoller ata o 8 de xullo entre 3 modalidades de participación gratuítas:

  • DISPOÑER DUN STAND SEN CUSTE durante dous días.
  • PROPOÑER ACTIVIDADES DEMOSTRATIVAS para o programa.
  • PARTICIPAR NO ‘PUNTAZO EXPRÉS’ onde terás a oportunidade de presentar o teu emprendemento a importantes empresas e entidades.
Podes solicitar unha ou varias opcións cun mesmo ou diferentes emprendementos.
*A Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora de Pont-Up Store Espazo de Empredemento, que anima aos novos proxectos cooperativos e de economía social a participar na 5ª edición deste encontro aproveitando as súas oportunidades de promoción e conformación de redes, ademais de mostrar á sociedade como o cooperativismo e a economía social son opcións e marcos laborais con valores e viables economica e socialmente.
FACEBOOKTWITTERYOUTUBELINKEDININSTAGRAMSOUNDCLOUD