CREANDO MELLORA
| Programa de Bolsas para procesos de mellora en cooperativas |

Destinatarias desta convocatoria:
Persoas en desemprego, menores de 35 anos con formación empresarial.


A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop abre a convocatoria para adxudicar 5 bolsas de xerencia e apoio á mellora en cooperativas. A convocatoria está destinada a persoas desempregadas con titulación e formación na área empresarial.

As bolsas darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa durante 6 meses para apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora na organización.

Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa. Estes traballos fanse co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, e en cordinación coa cooperativa, dando soporte ás necesidades e demandas da empresa beneficiaria.

Prazo de solicitudes: 16 de decembro de 2019.

Localidades onde se ofertan as bolsas:

– Ourense
– Arteixo (A Coruña)
– A Coruña

Bases da convocatoria: CREANDO MELLORA – Bolsas , aquí

Máis información e consultas: roberto@espazo.coop | 986 866 149

*Este Programa realízase no marco da Programación 2020 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

CONVOCA: Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.