Convocatoria de licitación: axencia de comunicación para o Congreso Mundial Cooperativo

 

 

A ACI busca unha empresa ou grupo de empresas de comunicación para organizar e xestionar as necesidades de comunicación do Congreso Mundial Cooperativo, entre outras, deseñar a estratexia de comunicación coa ACI, xestionar os canais promocionais necesarios e elaborar o material necesario, redactar artigos de comunicación dinámicos, compartir mensaxes de maneira habitual, deseñar os soportes visuais necesarios, etc.

Requisitos da proposta

Información sobre a empresa

Proporcionar información sobre a empresa e as persoas destinadas a cubrir estos servizos. Indicar por que a empresa está excepcionalmente cualificada para desempeñar este proxecto. Proporcionar exemplos de traballos previos, de preferencia, relacionados con conferencias específicas.

Descripción detallada do traballo

De acordo coas necesidades descritas anteriormente, proporcionar un plan detallado de como a empresa podería axudar á ACI a garantizar unha estratexia de marketing e comunicacións sólida para o Congreso Mundial Cooperativo. Incluir unha descripción de calquer ferramenta de terceiros que pudiese utilizarse. As accións mencionadas no apartado “servizos requeridos do contratista” xa se planificaron previamente, pero a empresa solicitante pode propor cambios e presentar ideas.

A contratista que gañe a convocatoria tamén deberá presentar un calendario estimado da implementación da estratexia de comunicación, antes, durante e despois do evento.

Presentación da candidatura
Enviar a candidatura a Leire Luengo, directora de comunicacións da ACI a través do correo electrónico luengo@ica.coop antes do 12 de febreiro.

* O Congreso Mundial Cooperativo e Asemblea Xeral da ACI en 2020, terá lugar en Seúl (Corea) do 11 ao 17 de decembro 2020.

MÁIS INFORMACIÓNaquí