Contratación de asistencia técnica Proxecto LACES: Axenda e Formación no Sector TIC

 

 

 

4 de outubro de 2017

A UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP publicita o prego de condicións para a  contratación dun servizo de asistencia técnica dentro do proxecto LACES – Código 0129 LACES 1E – con financiamento europeo ao 75% do FEDER e no marco do programa Interreg V-A España-Portugal POCPET 2014-2020, para:

 

 

 

1) o deseño, maquetación e elaboración dos contidos, en español e portugués, dunha axenda no ámbito do sector TIC e guía resumo da mesma, para o fomento da creación e consolidación de empresas de economía social.
2) o deseño dun módulo formativo, en español e portugués, para a creación e consolidación de empresas de economía social no sector TIC.

Presentación de ofertas: Até as 15 horas do 13 de outubro de 2017 a través do correo-e : ramon@espazo.coop

Prego de contratación aquí 
Resumo informativo do Proxecto LACES aquí

Máis información: Unión de Cooperativas EspazoCoop – 986 866 144