COCETA convida a participar nunha Investigación sobre as mulleres nas Cooperativas de Traballo

Estudio sobre a realidade social e laboral das mulleres nas cooperativas de traballo en España | COCETA 

Dende COCETA, a Confederación de Cooperativas de Traballo, chega unha invitación ás coopererativas para participar nunha Investigación para coñecer a situación socio-laboral das mulleres nas cooperativas de traballo, mediante a cumprimentación dun cuestionario sobre cuestións persoais, laborais, e organizacionais das cooperativas, e sobre a súa percepción do mercado de traballo para as mulleres en xeral.

As mulleres (socias traballadoras e traballadoras en Cooperativas de Traballo) de maneira voluntaria e anónima poden colaborar respondendo a este cuestionario (fai clic aquí para descargalo).

Enviar ao email:  mar@espazo.coop

Calquera dúbida ao respecto da cumprimentación da enquisa facerlla chegar a Coceta (Cristina) para a súa clarificación  ao correo info@coceta.coop ou chamar ao telf. 914469750.

Prazo de recepción de cuestionarios xoves 27 de decembro de 2018.

Segundo Coceta, a Investigación permitirá recabar datos sobre a situación da muller nas cooperativas de traballo; sendo, ademais, de utilidade para actualizar os datos existentes dos estudios de 2004, 2009 e 2012, e comparar datos para así coñecer tamén o grao de avance, ou os motivos e causas dos resultados xerados. Ademais, algunhas das preguntas poden abrir vías de actuación dende as organizacións cara ás cooperativas e, de xeito máis concreto, para avanzar en temas de equidade de xénero.

Contextualización: COCETA, en relación con esta petición, informa que:
Un dos Expedientes que se presentaron á Dirección Xeral de Traballo Autónomo, da Economía Social e da RSE, é o relativo a unha Investigación para coñecer a situación socio-laboral das mulleres nas cooperativas de traballo.

Esta actuación enmárcase, a efectos do establecido na Convocatoria de Subvencións da Dirección Xeral para 2018, entre as Medidas que a Estratexia Española da Economía Social 2017-2020, inclúe, en concreto, na Medida 48, do Eixo 9, Fomento da igualdade de xénero e da inclusión social na economía social.  

[A Unión de Cooperativas EspazoCoop está asociada á Confederación Española de Cooperativas de Traballo -Coceta-]