Axudas PEL 2023

 

 

 

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de publicar as bases reguladoras das axudas PEL 2023:

  • PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
  • PEL-AUTÓNOM@S: Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes. (*)
  • PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.
  • PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

As bases das axudas PEL 2023 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia núm.19 do 27 de xaneiro de 2023 ou premendo na seguinte ligazón:

Bases Axudas PEL 2023

O prazo previsto para a presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP ata o 10 de marzo ás 14.00 horas.

As solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito telemático a través da plataforma: SUBTeL

Na web do Plan de Emprego Local pode consultar a información actualizada das axudas PEL 2023, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.

(*) As beneficiarias das axudas PEL-Autónomos non inclúen ás cooperativas e as súas socias autónomas societarias.