O 18 de decembro, Xornada COOPERAR: unha opción con futuro
No Salón I do Edificio CINC (Centro de Innovación Cultural) – Cidade da Cultura. Santiago de Compostela.
Xornada organizada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, na que se realizará a presentación oficial da REDE EUSUMO para o fomento do cooperativismo e a economía social, explicando as vantaxes e beneficios que vai significar a súa creación.
Tamén se abordarán temáticas de singular actualidade na contorna de crise como son os procesos de comercialización e internacionalización no ámbito cooperativo.
A Rede Eusumo está aberta á participación de entidades públicas e privadas interesadas en promover o desenvolvemento da economía social, co obxecto de que teña unha especial proxección, tanto a hora de servir de apoio ás iniciativas emprendedoras, como a hora de aproveitar eficazmente os recursos postos a súa disposición polas entidades colaboradoras, incrementando o seu impacto e a súa rendibilidade social.
As persoas interesadas en participar na Xornada, con aforo limitado, deben cumprimentar o formulario publicado na páxina www.cooperamais.org
Así mesmo, poden realizar a inscrición e contactar no número de teléfono 981 957 749 ou no enderezo electrónico xornada1812@eusumo.coop
As persoas interesadas poden descargar o programa aquí