Xornadas Impacto Positivo e Emprendemento
Alén, cooperativa socia, colaboran nun ciclo de sesións sobre Impacto positivo e emprendemento organizadas para a Rede de Polos de Emprendemento, nas que afondarase na importancia de integrar a sostibilidade nos proxectos de emprendemento e coñecer máis sobre as iniciativas locais de impacto positivo.
Se buscas integrar a sostibilidade no teu proxecto de emprendemento ou organización podes participar nestas actividades organizadas dende a Rede de Polos de Emprendemento, onde falarase da importancia da sostibilidade e profundarase nas iniciativas locais de impacto positivo
Aproveita estas oportunidades para establecer conexións e sinerxías con persoas coa intención de impulsar e apoiar este tipo de proxectos! Estas xornadas contarán cun café de benvida cun espazo de networking, unha charla sobre como integrar a sostibilidade e unha conversa cunha organización de impacto local.
Polo O Barco
Martes, 18 de Xuño 10:00-12:00
Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de O Barco de Valdeorras, Casa Grande de Viloria- Praza Ramón Otero Pedraio, 11
Conversa en primeira persoa: Pedro Domínguez de Ecos do Teixo
Inscrición: https://forms.gle/Y21HRJU1Q7wmVHvZ9
ℹ️ Máis información: na web dos Polos de Emprendemento neste enlace
Polo O Porriño
Mércores, 19 de Xuño 10:00-12:00
Auditorio do Centro Cultural Municipal do Porriño, Av. Domingo Bueno, 9, O Porriño
Conversa en primeira persoa: Erea Rodríguez e Cintia Lomba de Skeirrum
Inscrición: https://forms.gle/BjXcfwQ5apXAdCGd8
ℹ️ Máis información: na web dos Polos de Emprendemento neste enlace